"Os RodaMontes Btt Lalin, Grazas pola tua visita "

sábado, 25 de abril de 2015

Ruta de Senderismo



PROGRAMA VENRES 1 DE MAIO - ENTRE MUÍÑOS E LAUREL

RUTA DE SENDERISMO UNINDO A RUTA DA PEDRA E DA AUGA ATA O MOSTEIRO DE ARMENTEIRA E A RUTA DO RÍO SAN MARTIÑO+PEQUENO TRAXECTO EN BARCO DENDE CARRIL ATA A ILLA DE CORTEGADA+PEQUENA RUTA INTERPRETATIVA DA ILLA DIRIXIDA POR UN GUIA DO "PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLANTICAS" VISITANDO O BOSQUE DE LAUREL MAIS REPRESENTATIVO DA PENÍNSULA IBÉRICA.
CUSTO DA ACTIVIDADE – 23€/PERSOA ( MENORES DE 16 ANO 20€)
QUEDADA 1 - 9:00 CONCELLO DA ESTRADA
QUEDADA 2 - 10.15 PUNTO DE INICIO DA RUTA EN RIBADUMIA (consultar con SendeRuta)

10:20 - RUTA 1 - RUTA DA PEDRA E DA AUGA-ARMENTEIRA-RUTA DO RÍO SAN MARTIÑO
19Km - CIRCULAR - DIFICULTADE BAIXA/MEDIA
TEREDES QUE LEVAR CADA UN A VOSA COMIDA E COMEREMOS POLO CAMIÑO SI O TEMPO O PERMITE (no caso de que as condicións meteorolóxicas sexan malas SendeRuta concertará un menú nalgún restaurante próximo o final da ruta - custe aprox 10€/persoa)

16:00- SAÍDA ATA CARRIL ( 15/20 minutos aprox.)
16:30- EMBARQUE DESTINO ILLA DE CORTEGADA
16:45 - RUTA 2 - PEQUENA RUTA O REDOR DA ILLA, DISFRUTANDO DA RIQUEZA DA SUA NATUREZA, GUIADA E PRESENTADA POR UN GUIA AUTORIZADO POR "PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLANTICAS"

18:15 - REMATE DA ACTIVIDADE PROGRAMADA

Custo da actividade 23€/persoa
Actividade apta para maiores de 8 anos (menores de 16 anos acompañados dun tutor).
Inclúe - ruta 1 guiada por SendeRuta - Transporte en barco dende Carril ata a Illa de Cortegada - Ruta interpretativa da Illa a cargo dun guía autorizado por "Parque Nacional das Illas Atlánticas"
Seguro individual de accidentes nas rutas de senderismo.

Non inclúe - Os desplazamentos ata os distintos puntos de inicio da actividade (si non ten medio de transporte póñase en contacto con SendeRuta que de seguro o poderemos arranxar).
A comida, que correrá a cargo de cada participante.

INSCRIPCIÓNS ATA O MERCORES 29 DE ABRIL
senderuta03@gmail.com - 629577246

0 comentarios:

Publicar un comentario

Template by:

Free Blog Templates